Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 6 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica a resolución do expediente MON-CO-0009/2012 CSA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución do procedemento (MON-CO-0009/2012 CSA).

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes-Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que non finaliza a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido este prazo sen terse presentado o devandito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2012

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: MON-CO-0009/2012 CSA.

Interesada: Herminia Seoane Couceiro.

Acto de notificación: resolución de expediente sancionador.

Último enderezo coñecido: Mayandía, 2 dta., Zaragoza.