Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2012, do Servizo de Infraestruturas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación, trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto modificado nº 1 de construción da obra de seguranza viaria de mellora da intersección da LU-710 (Baralla-O Cádavo) coa LU-530 (Lugo-A Fonsagrada), clave LU/06/267.01.1.M1, termo municipal de Baleira.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

O 6 de outubro de 2010 a Dirección Xeral de Infraestruturas resolveu aprobar o proxecto de construción da obra de seguranza viaria «mellora da intersección da LU-710 (Baralla-O Cádavo) coa LU-530 (Lugo-A Fonsagrada), clave LU/06/267.01.1, termo municipal de Baleira».

O 18 de novembro de 2010 a Xunta de Galicia procedeu a declarar a utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 194/2010, publicado no DOG nº 229, do 29 de novembro.

O 6 de xullo de 2012 a directora da Axencia Galega de Infraestruturas aprobou o proxecto de modificación nº 1 de construción da obra de seguranza viaria «mellora da intersección da LU-710 (Baralla-O Cádavo) coa LU-530 (Lugo-A Fonsagrada), clave LU/06/267.01.1.M1, termo municipal de Baleira».

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e nos artigos 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello de Baleira.

Local: casa do concello.

Data: 20 de decembro de 2012, ás 11.00 horas.

Predio nº 3: Freire Cordero, Mª del Mar.

Pardo Eiras, José Manuel.

Predio nº 4: Montero Prieto, Manuel.

Montero Prieto, Pablo.

Montero Prieto, Pedro.

A relación de titulares, cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos no concello de Baleira e no Servizo Provincial de Lugo, rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, o DNI e o último recibo da contribución, podendo ser acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Asemade, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial de Lugo, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 14 de novembro de 2012

Gerardo Pallares Sánchez
Xefe do Servizo de Infraestruturas de Lugo

Anexo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Clave: LU/06/267.01.1.M1.

TM: Baleira.

Nº predio

Referencia

catastral

Titular

Enderezo

Aprov.

Sup.

afectada (m2)

Bens afectados

3

3142307PH4634S0001RD

Freire Cordero, Mª del Mar

Pardo Eiras, José Manuel

R/ Marqués Racamonde, s/n, O Cádavo, 27130 Baleira (Lugo)

Urbano

34

2 m3 muro de formigón

30 m2 soleira de formigón

1 m3 columna de formigón

16 m malla metálica

4 m gradicela metálica (sumidoiro)

1 ud. traslado de contador da luz

1 ud. traslado de portal de forxa

4

3043707PH4634S0001PD

Montero Prieto, Manuel

Montero Prieto, Pablo

Montero Prieto, Pedro

Avenida Barrié de la Maza, nº 18-8º C, 15003 A Coruña

Urbano

36

1 ud. arbusto de xardín

2 ud. columna de formigón

      (1,5 m × 0,2 m × 0,2 m)

1 m3 columna de formigón

25 m malla metálica

3 m2 muro de bloques

1 m3 cimentación