Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45272

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre a instalación de almacén de recambios (expediente 625/11).

Recambios Frain, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de almacén de recambios na rúa da Industria-rúa da Agricultura, parcela 46.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 4 de setembro de 2012

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo