Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización dun contrato do servizo de salvamento marítimo de Galicia, prestado mediante helicópteros que se transfiren da Administración ao contratista (expediente 16/2012).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato mixto de servizos-patrimonial.

b) Descrición do obxecto: servizo de salvamento marítimo de Galicia, prestado mediante helicópteros, que se transfiren da Administración ao contratista.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17550

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 30 de maio de 2012; DOG número 116, do 19 de xuño e BOE número 138, do 9 de xuño.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Valor estimado: 45.104.067,00 €; importe total: 30.758.797,00 € (IVE exento).

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución da adxudicación: 1 de outubro de 2012.

b) Adxudicataria: Inaer Helicópteros Off Shore, S.A.U.

c) Importe: 30.750.387,00 € (IVE exento).

d) Data de formalización do contrato: 31.10.2012.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a única empresa licitadora.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2012

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar