Rematado o prazo fixado pola Resolución do 5 de outubro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 194, do 10 de outubro), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, corrixidos os erros materiais e vistas as alegacións formuladas polas/os interesadas/os, a Comisión Permanente Central, na xuntanza do 21 de novembro de 2012, acordou elevar a listaxe definitiva á Dirección Xeral da Función Pública.
Esta dirección xeral, de conformidade co previsto no artigo 11 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo,
RESOLVE:
Primeiro. Publicar as listas definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas que se inclúen no anexo I desta resolución, así como para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal laboral correspondentes aos grupos e categorías que se inclúen no anexo II, coa indicación das puntuacións definitivas resultantes da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
As listas encóntranse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe Función Pública.
As listaxes indican:
– Os solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación.
– Os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.
Segundo. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, e deberán consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e achegarán, así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.
Cuarto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1 e 114 ao 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as/os interesadas/os poderán interpor recurso de alzada ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2012
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
Grupo |
Corpo/escala |
Denominación |
A1 |
205G |
Escala de sistemas e tecnoloxía da información. |
A1 |
206M |
Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos. |
A1 |
2060 |
Corpo superior da Administración da Xunta de Galicia. |
A1 |
2061 |
Escala de arquitectos. |
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos. |
A1 |
2063 |
Escala de enxeñeiros/as agrónomos. |
A1 |
2064 |
Escala de enxeñeiros/as industriais. |
A1 |
2065 |
Escala de enxeñeiros/as de minas. |
A1 |
2067 |
Escala de veterinarios. |
A1 |
2068 |
Escala de biólogos/as. |
A1 |
2069 |
Escala de químicos/as. |
A1 |
2072 |
Escala de arqueólogos/as. |
A1 |
2083 |
Escala superior de estatísticos. |
A1 |
2086 |
Escala superior de finanzas. |
A1 |
2093-03 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en navegación marítima. |
A1 |
2093-04 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en pesca marítima. |
A1 |
2093-07 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en Intervencións subacuáticas e hiperbáricas. |
A2 |
205F |
Escala técnica de finanzas. |
A2 |
205H |
Escala de xestión de sistemas de informática. |
A2 |
206I |
Inspección turística. |
A2 |
206N |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos. |
A2 |
206P |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas. |
A2 |
206Q |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos. |
A2 |
206X |
Escala técnica de inspección de consumo. |
A2 |
2051 |
Corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia. |
A2 |
2052 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos forestais. |
A2 |
2073 |
Escala de arquitectos/as técnicos. |
A2 |
2074 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos de obras públicas. |
A2 |
2075 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos industriais. |
A2 |
2077 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos agrícolas. |
A2 |
2085 |
Escala técnica de estatística. |
A2 |
2094-02 |
Escala de mestres de taller. Especialidade en máquinas e producción. |
C1 |
205I |
Escala técnica auxiliar de informática. |
C1 |
2053 |
Corpo administrativo da Xunta de Galicia. |
C1 |
2081 |
Escala de delineantes. |
C2 |
2054 |
Escala de axentes forestais. |
C2 |
2059 |
Corpo auxiliar da Xunta de Galicia. |
2055 |
Agrupación profesional. |
ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
004 |
Titulado/a superior. |
I |
006 |
Titulado/a superior psicólogo/a. |
I |
011 |
Titulado/a superior pedagogo/a. |
I |
018 |
Licenciado/a informático/a (antigo/a técnico/a de sistemas e analista titulado/a superior). |
I |
019 |
Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior famacéutico/a. |
I |
029 |
Xefe/a departamento persoal e xestión económico-administrativa do IGAEM. |
I |
031 |
Titulado/a superior de formación ocupacional. |
I |
032 |
Técnico/a superior en centros de arte. |
II |
001 |
Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a de casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva. |
II |
002 |
ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE. |
II |
005 |
Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas. |
II |
006 |
Educador/a, profesor/a especial. |
II |
007 |
Titulado/a grao medio. |
II |
008 |
Director/a de gardaría infantil. |
II |
011 |
Fisioterapeuta. |
II |
017 |
Asistente social. |
II |
020 |
Terapeuta ocupacional. |
II |
021 |
Monitor/a ocupacional. |
II |
031 |
Restaurador/a. |
II |
037 |
Titulado/a medio/a formación ocupacional. |
II |
040 |
Mestre/a especialista en educación infantil. |
III |
004 |
Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos, encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar. |
III |
005 |
Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén. |
III |
006 |
Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios. |
III |
011 |
Encargado/a agrario/a. |
III |
014 |
Xefe/a de cociña. |
III |
017 |
Analista de laboratorio. |
III |
050 |
Técnico/a especialista xardín de infancia. |
III |
052 |
Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza. |
III |
060 |
Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE. |
III |
063 |
Oficial 1ª condutor/a, condutor/a 1ª, condutores/as altos cargos, condutor/a mecánico/a. |
III |
065 |
Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1ª. |
III |
066 |
Axudante taller, adxunto/a taller. |
III |
069 |
Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira. |
III |
078 |
Subgobernante/a. |
III |
090 |
Animador/a sociocultural. |
III |
104 |
Intérprete de linguaxe de signos. |
IV |
001 |
Auxiliar gravación. Oficial 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar. |
IV |
002 |
Auxiliar mecánico/a. Oficial 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación de obras. |
IV |
003 |
Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico, coidador/a. |
IV |
004 |
Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado. |
IV |
005 |
Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª. |
IV |
006 |
Axudante/a servizos técnicos. Oficial 2ª mantemento. |
IV |
007 |
Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación. |
IV |
009 |
Oficial 2ª agrario/a. |
IV |
011 |
Auxiliar de laboratorio. |
IV |
016 |
Condutor/a. |
IV |
017 |
Almaceneiro/a, despenseiro/a. |
IV |
020 |
Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza). |
IV |
022 |
Oficial 2ª en reprografía. |
IV |
031 |
Legoeiro/a. |
IV |
035 |
Auxiliar de arquivos e bibliotecas. |
IV |
036 |
Auxiliar de museos. |
IV |
039 |
Auxiliar de autopsia. |
V |
001 |
Camareiro/a-limpiador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a. |
V |
002 |
Axudante de traballos ou oficios, axudante albanel, peón/oa especializado/a, fontaneiro/a, axudante, hortelán/á, axudante traballos, encargado/a xardín. |
V |
003 |
Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda, garda xuramentado. |
V |
009 |
Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais. |
V |
10D |
Socorrista. |
V |
10E |
Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos. |
V |
10F |
Peón/oa forestal. |
V |
011 |
Limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais. |
V |
012 |
Peón/oa laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno. |
Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
038 |
Técnico superior de defensa contra incendios forestais. |
II |
039 |
Técnico forestal de defensa contra incendios forestais. |
III |
100 |
Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais. |
IV |
032 |
Operador/a codificador/a de defensa contra incendios forestais. |
IV |
033 |
Condutor motobomba de defensa contra incendios forestais. |
IV |
037 |
Oficial 2ª mecánico de defensa contra incendios forestais. |
V |
10A |
Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais. |
V |
10B |
Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais. |
V |
10C |
Emisorista de defensa contra incendios forestais. |
V |
014 |
Peón de defensa contra incendios forestais. |
V |
14A |
Peón condutor de defensa contra incendios forestais. |