Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 250/2011).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I da LMTS, CTC, RBT Couto-Meangos.

Situación: concello de Abegondo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea (LMTS) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,194 km, con condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) mm² Al, con orixe en cela de liña existente no CS investigacións agrarias (expediente IN407A 2009/133), e final no CT Couto-Meangos, proxectado.

Centro de transformación (CT) prefabricado Couto-Meangos, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Saídas da rede de baixa tensión (RBT) subterránea, cunha lonxitude total de 0,070 km (35 m por cada unha das súas saídas), con condutor tipo XZ1-0,6/1 kV 4(1×240) mm² Al, con orixe nas dúas saídas do CTC Couto-Meangos proxectado e final na rede aérea existente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 26 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña