A Estratexia galega da acuicultura (Esga) ten a súa orixe na necesidade de contar cunha ferramenta que permita por en contacto todos os ámbitos e facetas da actividade acuícola galega, sexan estos administrativos, normativos ou de ordenación. Neste sentido, faise necesario dispor dun documento estratéxico que recolla estes aspectos, coordine a relación entre eles, os dote de coherencia e planifique a súa evolución en termos organizativos, temporais e espaciais co fin básico de conseguir dinamizar a produción acuícola.
A Esga é un documento que define o marco de referencia que debe servir á Administración xestora da acuicultura como guía para ordenar e racionalizar as actuacións da actividade de acuicultura e servir de apoio na toma de decisión para dirección e xestión desta.
Con base no exposto, a Esga foi aprobada polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 18 de outubro de 2012, polo que
ACORDO:
Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia adoptado na súa reunión do día 18 de outubro de 2012 que a seguir se transcribe:
«Aprobar a Estratexia galega da acuicultura co obxectivo do seu impulso e promoción para o desenvolvemento da acuicultura en Galicia». O texto aprobado atópase dispoñible no seguinte enlace: http://www.intecmar.org/esga/Documentacion.aspx
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2012
Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar