Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45773

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Neves

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a execución e implantación dun tanatorio na parroquia de Tortoreos.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión que tivo lugar o 24 de setembro de 2012, acordou aprobar definitivamente o PEID para a execución e implantación dun tanatorio na parroquia de Tortoreos, lugar da Rotea, presentado por Miguel Ángel García Salazar en representación de Funeraria Palacius, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publicarase o documento que contenga a normativa e as ordenanzas no BOP de Pontevedra e no DOG o acordo de aprobación definitiva, o cal, na súa parte dispositiva, é do seguinte teor literal:

«1º. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a execución ou implantación dun tanatorio na parroquia de Tortoreos, lugar da Rotea, presentado por Miguel Ángel García Salazar en representación de Funeraria Palacius, S.L., nunha superficie catastral aproximada de 4.500 m2 e de 4.225,81 m2 segundo medición topográfica, cualificada polo Plan xeral de ordenación municipal das Neves como solo rústico (SR), documento visado o 5 de xuño de 2012 co número 1102927,2, e documentación complementaria do 14 de novembro de 2011, relativa á confederación hidrográfica do Miño-Sil.

2º. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 92, números 1 e 2, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, publicarase a aprobación definitiva xunto coa normativa e as ordenanzas do Plan especial no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, todo isto en virtude do establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

3º. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos oportunos, á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, achegando unha copia autenticada de dous exemplares do Plan aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os cales recaese acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados pola secretaria do Concello».

Faise constar, igualmente, que o día 10 de outubro de 2012 se comunicou a referida aprobación definitiva á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e, á vez, se deu traslado de copia auténtica de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados pola secretaria da corporación.

As Neves, 10 de outubro de 2012

Raúl Emilio Castro Rodríguez
Alcalde presidente