Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 7 de novembro de 2012 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 2 de agosto de 2012 que fixa o prezo xusto do predio número 049 sito en Poio, relativo ao proxecto 00939 (expediente 2010/003742).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Pernas de la Fuente, Manuel o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 2 de agosto de 2012, que fixa o prezo xusto do predio 049 sito en Poio, relativo ao proxecto 00939, expediente 2010/003742, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00939-Mellora na seguridade viaria na PO-308 Pontevedra (PO-531)-A Lanzada (VG-4.1). Treito: p.q. 4,200 ao 7,600. Clave: PO/06/050.06.

Nº de expediente: 2010/003742.

Persoa que se notifica: Pernas de la Fuente, Manuel.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas de Pontevedra.

Expropiado: Pernas de la Fuente, Manuel.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas de Pontevedra.

Predio nº: 049.

Concello: Poio.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do xurado: 2.848,61 €.