En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Facenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil doce,
DISPOÑO:
Que cese Francisco Javier Rodríguez Seijo, como consecuencia da modificación da estrutura orgánica, como director xeral de Planificación e Fondos, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil doce
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

