Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46170

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (997/2009).

En autos de ordinario 997/2009 ditouse sentenza cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza 136/2012.

Procedemento: procedemento ordinario 997/2009.

Pontevedra, 15 de outubro 2012.

Indalecio Conde González, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra e o seu partido, despois de ver os presentes autos de procedemento ordinario 997/2009 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Carmen Ramírez García con procuradora Lourdes Martínez Cabrera e letrado Emilio Búa Ares, e doutra como demandado Manuel Carballo Fariña, en situación de rebeldía procesual, e

Decido que, estimando a demanda formulada pola procuradora dos tribunais Lourdes Martínez Cabrera, en nome e representación de María del Carmen Ramírez García, contra Manuel Carballo Fariña, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento que os une sobre o piso 3º ático do edificio 19-21 da avenida da Barca, de Poio, condeno o demandado a deixar libre e expedito o piso, e apercíboo de lanzamento se non o desaloxa no prazo legal, con imposición ao demandado das custas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interpoñerá por escrito ante este xulgado no prazo de vinte días.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Manuel Carballo Fariña, expido e asino o presente edicto.

Pontevedra, 7 de novembro de 2012

A secretaria xudicial