Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46162

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2012 pola que se convocan para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, conforme as bases reguladoras publicadas mediante Resolución do 22 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 155, do 13 de agosto) e modificadas mediante as resolucións do 6 de xuño de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 15 de xuño) e do 13 de xaneiro de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 18, do 26 de xaneiro).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de promoción Económica-Igape, na súa xuntanza do día 1 de marzo de 2010 acordou, por unanimidade dos membros asistentes, aprobar as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, publicadas mediante Resolución do 22 de xullo de 2010 no DOG nº 155, do 13 de agosto. Na súa xuntanza do 28 de setembro de 2010 acordou a súa modificación, publicada mediante Resolución do 6 de xuño de 2011 no DOG nº 114, do 15 de xuño, e na súa xuntanza do 28 de xullo de 2011 acordou outra modificación, publicada mediante Resolución do 13 de xaneiro de 2012 no DOG nº 18, do 26 de xaneiro, que faculta ao director xeral a proceder á aprobación dos créditos e á convocatoria para o ano 2012.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Convocar para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas do Instituto Galego de Promoción Económica aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, segundo as bases reguladoras publicadas mediante Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG nº 155, do 13 de agosto) e modificadas mediante as resolucións do 6 de xuño de 2011 (DOG nº 114, do 15 de xuño) e do 13 de xaneiro de 2012 (DOG nº 18, do 26 de xaneiro).

Estas axudas estarán cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 ao 80 %, eixe 2, tema prioritario 08, actuación 2.

Para os efectos da nova convocatoria, substitúese o anexo I, formulario de presentación da solicitude, segundo o modelo que se anexa.

Segundo. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de decembro de 2012. No caso de esgotamento do crédito, o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web www.igape.es, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 32 do regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro).

Terceiro. Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria, polos importes e coa seguinte distribución plurianual, podendo ser aplicados tamén para resolver expedientes pendentes de resolución por falta de crédito da convocatoria precedente:

Partida orzamentaria

2012

2013

2014

08.A1-741A -7701

1.000.000,00 €

20.000.000,00 €

25.400.000,00 €

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar a partida orzamentaria, coa declaración previa de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Cuarto. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases reguladoras destas axudas aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 1 de marzo de 2010 e publicadas mediante Resolución do 22 de xullo de 2010 no DOG nº 155, do 13 de agosto, e nas súas modificacións, acordadas polo dito Consello de Dirección o 28 de setembro de 2010, publicada mediante Resolución do 6 de xuño de 2011 no DOG nº 114, do 15 de xuño, e do 28 de xullo de 2011, publicada mediante Resolución do 13 de xaneiro de 2012 no DOG nº 18, do 26 de xaneiro.

Disposición transitoria

Pechar o prazo de presentación de solicitudes ao abeiro da convocatoria feita pública mediante Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG nº 155, do 13 de agosto), sen prexuízo da tramitación, con cargo a este orzamento, dos expedientes presentados ao seu abeiro ata a súa completa finalización e arquivo.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2012

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

missing image file
missing image file