Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46607

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se determina a comisión ditaminadora dos concursos de traslados entre funcionarios docentes.

Unha vez realizado o sorteo para a composición da comisión avaliadora a que fai referencia a Orde do 24 de outubro de 2012, pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de Educación, e a Orde do 21 de novembro de 2011, pola que se convoca concurso de traslados específico entre funcionarios docentes do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes desta consellería, esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPÓN:

Primeiro. Constituirase a comisión que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Actuará como secretario ou secretaria da comisión o vogal con menor antigüidade na función pública docente como funcionario de carreira, agás que a comisión acorde determinalo doutro xeito.

Terceiro. A comisión avaliadora poderá solicitar o asesoramento que considere oportuno.

Cuarto. Os membros da comisión terán dereito a percibir asistencias de acordo co previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xuño), e conforme as clasificacións que recolle esta comisión considérase incluída na categoría primeira.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2012

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Presidente titular:

33843526-S

Fernández

Fraga

Fernando

Vogais titulares:

05112032-Y

Serna

Masiá

Isabel

30583793-A

Taboada

Fernández

Manuel Ángel

33227652-N

Rodríguez

Ruibal

Mª del Carmen

76570902-S

Álvarez

Silva

Edita

36057716-H

Doural

Rocha

Ana María

02895227-X

Cañada

Valverde

Juan Vicente

33200184-Y

Seoane

Pardo

Amador

76349202-N

Alves

Senra

Carmen María

33211426-R

Curros

Novo

Manuel

Presidente suplente:

09630945-V

Rivero

Bandera

Emiliano

Vogais suplentes:

76492518-S

Ares

Casal

Mª del Carmen

33306231-T

García

García

José Luis

33278696-L

Prevot

Badoual

Ana

33210050-M

Molinos

Núñez

Mª José

44829984-V

Pérez

Viéitez

Mª Beatriz

78793833-L

Durán

Arufe

David

32422403-Q

Villar

Quintas

Jesús Eduardo

33239649-A

Lago

Riveiro

Mª Manuela

33235663-L

Albarán

Gómez

Francisco