Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46864

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de solicitude de licenza de apertura de taller de chapa e pintura do automóbil no polígono de Cambre.

Talleres J. M. de Cambre, S.L. solicitou licenza municipal de apertura para un taller de chapa e pintura do automóbil sito no Polígono de Cambre, núm. 16-26, termo municipal de Cambre. Cumprindo co disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, nas oficinas da Área de Urbanismo e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Cambre, 22 de novembro de 2012

P.D. (R.A. nº 1000, do 17 de xuño de 2011)
Rocío Vila Díaz
Concelleira delegada da área de Urbanismo e Medio Ambiente