Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 29 de outubro de 2012, do presidente de Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por José Antonio Sánchez Pérez de concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario do porto de Pontedeume, para a explotación dun guindastre de 5 toneladas para izada/botadura de embarcacións e actividades complementarias de reparación de embarcacións (expediente 12-10-12-C-1).

O 10 de outubro de 2012 o presidente de Portos de Galicia adxudicou a José Antonio Sánchez Pérez o procedemento aberto (sistema multicriterio) para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Pontedeume, para a explotación dun guindastre de 5 toneladas para izada/botadura de embarcacións e actividades complementarias de reparación de embarcacións; segundo documentación técnica consistente no proxecto básico da concesión administrativa para ocupación do dominio público portuario do porto de Pontedeume, para a explotación dun guindastre de 5 toneladas para izada/botadura de embarcacións e actividades complementarias de reparación de embarcacións, asinado en marzo de 2012 polos arquitectos A. Carlos Ardá e Bernardo Anatol, arquitectos S.C.P., e a documentación relativa ás referencias técnicas da explotación.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, de 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web: portosdegalicia.com

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia