Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que de seguido se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número citase no anexo.

Desígnase instrutora do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para presentar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes na defensa dos seus dereitos, e poderán recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, e determinarase para estos efectos o importe da sanción.

Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro) e nos decretos 83/2009, do 21 de abril, e 245/2009, do 30 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das xefaturas da Xunta de Galicia (DOG nº 155, do 12 de agosto) e o Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Lugo, 29 de novembro de 2012

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expt.

Precepto
infrinxido

Último
domicilio

Posible sanción

Roberto Montero Novo

34637122-L

LU-E 130/12

23.o) en relación co 26.e) LO 1/1992

Avda. Deputación, nº 3, porta B, O Valadouro

Ata 750 €

Canarios Rios, C.B. (Ángel Canario Guzmán)

34283467-N

LU-E 133/12

26.e) LO 1/1992

r/ Sierra Gañidoira, nº 55, 1º esq., Lugo

Ata 150 €

Edrosa, C.B.

E-27256916

LU-E 136/12

23.o) en relación co 26.e) LO 1/1992

Lg. Dopiñor, nº 10, Ribadeo

Ata 900 €

Café-bar A Coba Meiga (Jesús Alberto Gómez)

76410222-J

LU-E 138/12

26.e) LO 1/1992

r/ Almirante Chicarro, Viveiro

Ata 300 €