Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador 2012046TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 28 de setembro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2012046TA-OU, a Rotec, S.L. CIF B32416646, con domicilio en estrada de Vigo, número 8, baixo, 32003 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Rotec, S.L. CIF B32416646, o dito acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento deste.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 27 de novembro de 2012

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador 2012046TA-OU.

Denunciado: Rotec, S.L.

Documento de identificación: CIF B32416646.

Último enderezo coñecido: estrada de Vigo, número 8, baixo, 32003 Ourense.

Feitos imputados: infraccións en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos e tipificación: artigos 19.2.d), infracción leve e 19.3.b), infracción grave da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, o subministro, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Sanción proposta: seiscentos cincuenta euros (650,00 €).