Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución de expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2012/0069-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona, a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente nº: RL 2012/0069-4.

Acta nº: I362012000022129.

Empresa: Obras Reformas y Construcciones de Pontevedra, S.L.

NIF: B-94 011 319.

Enderezo: r/ Italia, 37, 1º, porta 7, Monteporreiro, Pontevedra.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 17.2 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, artigos 3, 6, 7 e 8 e anexo I.9, anexo III.9, do Real decreto 773/1997, do 30 de maio, e artigos 9.a) e e) e 7.1 e 3 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.f), 12.24.d), 12.8, 12.23.a), 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 30.10.2012.

Resolución: multa de 24.000 €.

Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Vigo, 23 de novembro de 2012

P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
María Peón Fernández
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa