Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2012 pola que se anuncia a licitación da contratación mediante un procedemento aberto, multicriterio e harmonizado de servizo consistente na recollida de información para a Enquisa de poboación activa en Galicia.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Instituto Galego de Estatística.

2. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña) 15703.

4. Teléfono: 981 54 13 99.

5. Telefax: 981 54 13 23.

6. Correo electrónico: mmartinez@ige.eu

7. Enderezo da internet do perfil do contratante onde se poden obter os pregos relativos a esta contratación: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18283

8. Data límite de obtención de documentación e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

d) Nº de expediente: 2012/640.1/24411/02.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: recollida de información presencial da mostra ampliada da Enquisa de poboación activa (EPA) de Galicia.

c) Prazo de execución: un ano desde a sinatura do contrato.

d) Admisión de prórroga: si, por un período máximo dun ano por mutuo acordo das partes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e regulación harmonizada.

c) Criterios de valoración e adxudicación: oferta técnica (50 %) e oferta económica (50 %).

4. Valor estimado do contrato: 595.041,32 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 297.520,66 euros. Importe total: 360.000,00 euros.

b) Anualidades (IVE incluído):

2012: 311.760,00 euros.

2013: 48.240,00 euros.

6. Garantías exixidas. Provisional (importe): 3 % do orzamento máximo de licitación (8.925,62 €). Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): grupo L, subgrupo 3 e categoría C.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata as catorce (14.00) horas do 23 de xaneiro de 2013.

b) Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Modalidade de presentación: en sobres pechados. No caso de que as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante un telegrama ou fax (981 54 13 23) no mesmo día.

d) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro do Instituto Galego de Estatística das 9.00 ás 14.00 horas.

2. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña) 15703.

4. Enderezo electrónica: mmartinez@ige.eu

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses que contarán desde a apertura das proposicións, en virtude do disposto nos números 2º e 4º del artigo 161 do RDL 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Descrición: acto público.

b) Domicilio: sala de xuntas do Instituto Galego de Estatística, complexo administrativo San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña) 15703.

d) Enderezo electrónico: mmartinez@ige.eu

e) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións farase pública no perfil do contratante a data e a hora de apertura das ofertas cunha antelación mínima de 3 días hábiles.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14 de decembro de 2012.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2012

José Antonio Campo Andión
Director do Instituo Galego de Estatística