Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47628

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (L-5/2012).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Subministracións. b) Número de expediente: L-5/2012.

2. Obxecto do contrato: limpeza das instalacións deportivas municipais. Duración: catro anos contados a partir da data de formalización do contrato, porrogables anualmente por dous anos máis ata un máximo de seis anos.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto con diversos criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: 417.221,84 euros anuais, IVE excluído.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: web municipal (perfil de contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: suministros@coruna.es. d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: U 1 C.

8. Presentación de proposicións: a) Fin do prazo: o día 7 de xaneiro de 2013 ata as 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que se deberá presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura das proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: vexáse punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de contratación e/o perfil de contratante.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27 de novembro de 2012.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

12. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

A Coruña, 29 de novembro de 2012

Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde de Contratación