Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47951

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Bola

ANUNCIO da exposición pública do expediente de delimitación do núcleo rural de Morgade.

De conformidade co previsto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas súas modificacións posteriores, exponse ao público na Secretaría deste concello (das 9.00 ás 14.00 horas) polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e en dous dos xornais de maior difusión no municipio, o expediente de delimitación do núcleo rural de Morgade.

A Bola, 3 de decembro de 2012

María Teresa Barge Bello
Alcaldesa