Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2012 Páx. 48151

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (933/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 933/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Construcciones y Reformas Laxe, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

«Que estimando a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción contra a demandada Construcciones y Reformas Laxe, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 37,80 euros en concepto de achegas non pagadas no período de xaneiro de 2006 a decembro de 2009, cantidade que se incrementará co xuro de mora do 20 %».

E para que sirva de notificación en forma a Construcciones y Reformas Laxe, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 5 de decembro de 2012

O secretario xudicial