Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 366

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2012 pola que se acorda facer público o orzamento para o exercicio do ano 2013.

O Consello Social da Universidade da Coruña, na reunión que tivo lugar o día 20 de decembro de 2012 e de conformidade co disposto no artigo 20.1 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril ), e no artigo 4 c) da Lei 1/2003, do 9 de maio, de consellos sociais do sistema universitario de Galicia, acordou a aprobación do orzamento desta universidade para o exercicio do ano 2013.

Esta reitoría, consonte o disposto no artigo 81.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril), resolve publicar o dito orzamento que acada a contía inicial no estado de ingresos e gastos de 119.615.933,92 euros segundo o detalle do anexo.

A Coruña, 21 de decembro de 2012

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO
1. Clasificación económica
Resumo por capítulos

Ingresos

2013

Capítulo III. Taxas, prezos públicos e outros ingresos

14.244.900,00

Capítulo IV. Transferencias correntes

85.195.340,72

Capítulo V. Ingresos patrimoniais

487.000,00

Capítulo VII. Transferencias de capital

16.488.693,47

Capítulo VIII. Activos financeiros

3.200.000,00

Total orzamento de ingresos 2013

119.615.933,92

Gastos

2013

Capítulo I. Gastos de persoal

87.676.709,59

Capítulo II. Gastos correntes en bens e servizos

16.295.284,45

Capítulo III. Gastos financeiros

102.850,00

Gastos

2013

Capítulo IV. Transferencias correntes

3.070.132,82

Capítulo V. Fondo de continxencia

250.000,00

Capítulo VI. Investimentos reais

11.327.587,06

Capítulo VII. Transferencias de capital

1.270,00

Capítulo VIII. Activos financeiros

42.100,00

Capítulo IX. Pasivos financeiros

850.000,00

Total orzamento de gastos 2013

119.615.933,92