Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2013 Páx. 986

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Economía e Industria

DECRETO 1/2013, do 10 de xaneiro, polo que se dispón que cese Ricardo Capilla Pueyo como director da Axencia Galega de Innovación.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 17.2 dos estatutos da Axencia Galega de Innovación, aprobados polo Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, por proposta do conselleiro de Economía e Industria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de xaneiro de dous mil trece,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Ricardo Capilla Pueyo, como director da Axencia Galega de Innovación, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, dez de xaneiro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria