Advertido erro na versión en galego da Orde do 20 de decembro de 2012 pola que se establece a organización e se atribúen determinadas funcións no ámbito de competencias das áreas de Xestión e de Colaboración Social, Información e Asistencia da Axencia Tributaria de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia número 247, do 28 de decembro de 2012, procédese a efectuar a seguinte corrección: na páxina 48083, alínea h), onde di: «...e a documentación que deba presentarse...», debe dicir: «...e a documentación que deba acompañala...».