Por medio deste edicto faise público que, en sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o día 27 de decembro de 2012, o Concello de Oímbra aprobou definitivamente o Plan especial do parque empresarial de Oímbra, redactado pola empresa Habitat 6, S.L., e que recibiu informe favorable, de forma preceptivo e vinculante, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, con data do 26 de novembro de 2012.
Faise constar que o Concello de Oímbra remitiu á citada consellería unha copia autenticada de dous exemplares do plan especial que foi aprobado definitivamente, con todos os planos e documentos que o integran.
Así mesmo, e todo iso de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, no BOP publicaranse este anuncio e o documento do dito plan que contén a normativa e ordenanzas, para que a partir da publicación dese edicto no BOP poida ter eficacia o acto de aprobación definitiva e entre en vigor o plan aprobado.
Oímbra, 16 de xaneiro de 2013
Alfonso Villarino Rodríguez
Alcalde

