Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Venres, 25 de xaneiro de 2013 Páx. 2145

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a axencias de viaxe para a promoción e comercialización do destino Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG núm. 102, do 30 de maio de 2012), modificada pola Resolución do 23 de outubro de 2012 (DOG núm. 207, do 30 de outubro).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/1997, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 04.80.761A.770.0, código do proxecto 2007 00372, ao abeiro da Resolución do 22 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a axencias de viaxe para a promoción e comercialización do destino Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012. Estas subvencións están cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a través do programa operativo do Feder de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 161 PO 005, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 30 de novembro de 2007.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2013

Por suplencia (Orde 14.9.2012; DOG nº 177, do 17 de setembro)
Secretario xeral da Presidencia
Por delegación de sinatura (Resolución 17.9. 2012)
Mª Elena Barca Ramos
Subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación

ANEXO

Subvencións a axencias de viaxe para a promoción e comercialización do destino Galicia:

Beneficiario

Liña/s

Descrición da actuación

Importe da subvención

Bives Tour, S.A.

B

Plataforma web para comercialización de paquetes turísticos

12.250,00 €

Turisnorte, S.L.

A

Deseño de paquetes turísticos de nova configuración

8.883,00 €

Grupo Sierra. Gestión de Turismo, S.L.

A

Deseño de paquetes turísticos de nova configuración: Viaxes de colexios

8.245,50 €

B

Produtos existentes renovados: Galicia auténtica

6.767,00 €

Agencia de Viajes Paco, S.A.

B

Creación da páxina web de DMC Galicia

3.631,20 €

Luamar, S.A.

A

Busco Galicia: deseño de 9 paquetes turísticos novos

11.045,57 €

Tee Travel, S.L.

A

Paquetes turísticos de nova configuración

2.690,99 €

B

Produtos existentes renovados

4.754,40 €

Pilar Selas Chao

A

Deseño de paquetes turísticos de nova configuración: Entretempos, viaxes & turismo

1.680,00 €

Pírate de Viaje, S.L.

B

Deseño de paquetes turísticos novos: Pírate a Galicia

5.610,00 €

Neotravel 2011, S.L.

A

Tour gastronómico cultural por territorios de interior

8.160,00 €