Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada para unha granxa de porcos no lugar dos Ribeiros, no concello de Sarreaus (número de autorización ambiental integrada: 2006/0030_NAA/IPPC_103. Clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-101).

O 11 de abril de 2008 concedeuse a Pérez Rúa, C.B. a autorización ambiental integrada nº 2006/0030_NAA/IPPC_103 para unha granxa de porcos no lugar dos Ribeiros, no concello de Sarreaus (Ourense). Nesta autorización establécese unha vixencia de cinco anos, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación á titular.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que transcorrido o prazo de vixencia da autorización esta debe ser renovada e, se é o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polo documento titulado:

– «Documentación técnica para a renovación da autorización ambiental integrada de explotación porcina en Sarreaus-Ourense. Nº autorización ambiental integrada: 2006/0030_NAA/IPPC. Clave expediente renovación: 2012-IPPC-M-101».

Co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes. O antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

• Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Paseo, 18, 32003 Ourense).

• Concello de Sarreaus (praza do Toural, s/n, 32631 Sarreaus-Ourense).

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental