Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2012 pola que se lle dá publicidade á formalización dun contrato (expediente 04/12 SX).

Para os efectos do previsto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), esta consellería dalle publicidade á formalización do contrato do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria «Galicia competitiva: a innovación, o emprendemento e a internacionalización como eixos clave para o crecemento económico e do emprego en Galicia».

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 04/12 SX.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: economiaeindustria.xunta.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: a execución dos traballos consistentes na creatividade, o deseño, a produción de materiais e a inserción de publicidade en diversos medios e soportes dunha campaña na que, baixo a idea de «Galicia competitiva», se destaque o papel da innovación, o emprendemento e a internacionalización como eixos clave para o crecemento económico e do emprego en Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 79.341000-6 (servizos de publicidade).

d) Acordo marco: non.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 18 de xullo de 2012, BOE número 175, do 23 de xullo, e DOG número 138, do 19 de xullo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 826.271,19 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto 826.271,19 euros. Importe total (IVE 18 %) 975.000 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 15 de novembro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 5 de decembro de 2012.

c) Contratista: Imaxe Intermedia, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto 826.271,19 euros. Importe total (IVE 21 %) 999.788,14 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: destaca polo impacto e orixinalidade da súa estratexia creativa, as pezas propostas adecúanse aos obxectivos da campaña requiridos nos distintos soportes, presenta unha estratexia que facilita o cumprimento dos obxectivos da comunicación e propón accións especiais e mecanismos adicionais para o seguimento e control do desenvolvemento da campaña. Obtén tras a valoración dos aspectos cualitativos e cuantitativos un total de 94,66 puntos, puntuación superior a das outras entidades admitidas á licitación.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2012

P.D. (Orde do 30 de abril de 2009; DOG nº 87)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria