Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de xaneiro de 2013 pola que se notifica o acordo de resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/33/2012, devolta polo órgano notificador por resultar o seu destinatario descoñecido na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III acordou, o 26 de decembro de 2012, resolver expediente de reposición da legalidade urbanística aos veciños de Orega polas obras promovidas por José Luis Vigo Soto, executadas en solo rústico sen autorización urbanística autonómica, consistentes en edificación con tipoloxía de nave industrial, soportal, edificación con tipoloxía de alpendre e espazo cuberto, almacenamento de chatarra e vehículos para desmantelamento en evidente estado de deterioración e abandono, no lugar do Berán, no termo municipal de Leiro, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do devandito acordo, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que coiden pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que se pretendan valer.

Para que conste, e sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística