Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Luns, 28 de xaneiro de 2013 Páx. 2323

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (994/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 994/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Alberto Barja Barrio e Manuel Varela Valín contra Esabe Vigilancia, S.A. e Prosegur Compañía de Seguridad, S.A. sobre reclamación de cantidade, se ditou a sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Que estimando parcialmente a demanda presentada por José Alberto Barja Barrio e Manuel Varela Valín contra a empresa Prosegur Compañía de Seguridad, S.A., debo condenar e condeno a demandada a aboarlles aos demandantes a cantidade de 1.410,96 euros, a cada un deles, máis os xuros de demora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, comunicándolles que contra ela, de conformidade co disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, non cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

E para que lle sirva de notificación en forma a Esabe Vigilancia, S.A., en paradoiro ignorado, expido e asino este edicto.

Lugo, 7 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial