Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 Páx. 2448

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 21 de xaneiro de 2013 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, en execución da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, o 29 de decembro de 2011, no recurso 41/2011.

Con data do 29 de decembro de 2011 o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela ditou sentenza no recurso tramitado como procedemento abreviado número 41/2011, por instancia de Felisa Rivero Fernández, contra a desestimación presunta do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 27 de maio de 2010, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 26 de xuño de 2009 (DOG número 129, do 3 de xullo).

A resolución da dita sentenza dispón:

«Que debo estimar e estimo o recurso contencioso-administrativo presentado por Felisa Rivero Fernández contra a desestimación presunta do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 27.5.2010, en proceso selectivo para ingreso por promoción interna no corpo de xestión da Xunta e, en consecuencia, declaro a non conformidade a dereito do acto contra o cal se recorreu, non axustada a dereito a resposta asignada como correcta polo tribunal de selección á pregunta nº 31 do 2º exercicio da fase de oposición, debendo computarse como resposta válida a d) “ningunha é correcta”, debendo condenar a Administración a realizar cantas actuacións sexan oportunas para dar efecto a tal pronunciamento; e todo isto sen facer expresa condena respecto das custas causadas neste xuízo».

Esta sentenza foi posteriormente confirmada pola ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 10 de outubro de 2012 no recurso de apelación núm. 165/2012.

Recibida certificación da firmeza desta última sentenza o 8 de xaneiro de 2013 e de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que, en execución da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela o 29 de decembro de 2011 no recurso tramitado como procedemento abreviado núm. 41/2011, confirmada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na súa sentenza do 10 de outubro de 2012, deberá cualificar novamente o segundo exercicio da fase de oposición, computando como resposta válida á pregunta 31 a opción d) e a realizar cantas actuacións sexan oportunas para dar efecto a tal pronunciamento, conservando aqueles actos e trámites que terían mantido igual o seu contido de non se ter cometido a infracción.

A composición do tribunal é a que figura no anexo.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Tribunal titular:

Presidencia:

– José Antonio Redondo López.

Secretaría:

– Enrique Álvarez Romero.

Vogais:

– Carmen Repiso Prieto.

– Mª del Pilar García-Rodeja Gayoso.

– Mª José Castro Carballal.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Loreto Fernández Fernández.

Secretaría:

– Luis Alberto Otero González.

Vogais:

– Ana Mª Arias Graña.

– Celia López Penabad.

– Fernando de Andrés Alonso.