Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 Páx. 2496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2012/99-2, 8068 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: OCR Dunas de Llas.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas: OCR Dunas de Llas consistente na motorización das celas existentes, a protección térmica do transformador e a instalación dun telemando para a xestión das distintas liñas que conflúen no centro desde o CECORE de Begasa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 7 de xaneiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo