Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Martes, 29 de xaneiro de 2013 Páx. 2469

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (667/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 667/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Vila Espiño contra a empresa Mejoras del Gas, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimo integramente a demanda interposta por José Ramón Vila Espiño contra a mercantil Mejoras del Gas, S.L e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a mercantil Mejoras del Gas, S.L. a lle aboar ao demandante a cantidade de 8.830,92 euros en concepto de salarios e diferenzas salariais e horas extraordinarias, mais o 10 % desa cantidade por demora no seu pagamento.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Mejoras del Gas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2012

A secretaria xudicial