Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2705

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 29 de xaneiro de 2013 pola que se establecen as condicións de dúas emisións de obrigacións da Comunidade Autónoma de Galicia polo importe de 500 millóns de euros e de 300 millóns de euros, respectivamente.

Advertido erro no artigo 1, letra ii) da devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 21, do 30 de xaneiro de 2013, cómpre facer a seguinte corrección:

Onde di: «Os seguintes períodos de xuros serán anuais, pagándose o cupón o día 4 de cada mes de abril, a partir do 3 de abril de 2015 e ata a data de vencemento», debe dicir: «Os seguintes períodos de xuros serán anuais, pagándose o cupón o día 3 de cada mes de abril, a partir do 3 de abril de 2015 e ata a data de vencemento».

Advertido erro no artigo 2, letra ii) da devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 21, do 30 de xaneiro de 2013, cómpre facer a seguinte corrección: