Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a un interesado a aprobación das bases definitivas da concentración parcelaria da zona de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 59, puntos 2º e 5º, da Lei 30/1992, do 26 de setembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Luis Rieiro Negreira, propietario nº 886, por non ser posible a notificación persoal, que o Pleno de Xunta Local aprobou, con data do 13 de xuño de 2012, as bases defintivas da concentración parcelaria de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña) e que están expostas ao público no Concello de Santa Comba e nos lugares de costume, segundo o establecido no artigo 29.2 da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Nas bases definitivas figura o seu boletín individual da propiedade.

No caso de que tivese formulado alegacións contra as bases provisorias, o resultado destas sería o que deriva do contido do boletín.

Contra as bases definitivas, que non poñen fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo de 30 días contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2013

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña