Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2013 pola que se notifica o apercibimento previo á execución forzosa devolta polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición (expedientes 10.15/89, 63.3/98 e 63.6/00-Marta Díaz Lorenzo).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 12 de decembro de 2012, ditou resolución mediante a cal se require a Marta Díaz Lorenzo para que proceda ao cumprimento da orde de restitución contida na resolución do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, do 28 de setembro de 2001 (expedientes números 10.15/89, 63.3/98 e 63.6/00) e se apercibía de que, no caso de incumprimento daquela, se procedería á súa execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas.

Ao non poder realizarse a notificación persoal, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o devandito apercibimento.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do apercibimento que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra este apercibimento non cabe interpoñer recurso ningún.

Para que conste e sirva de notificación á destinataria arriba indicada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística