Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2906

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3349/2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3349/2012-RCUD 296/2012-MAI desta sala, seguido por instancia de José Antonio Troncoso Oliveira, Benjamín Lorenzo Domínguez, Manuel Rico Carballo e Jaime Rodríguez Iglesias contra o Fogasa, Taguive, S.L., Fibras de Madera, S.A. e Industrias de Tableros de Valga, S.A. (Intavalsa), sobre resolución de contrato, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal siguiente:

«A Sala acorda declarar deserto o recurso de casación en unificación de doutrina interposto pola letrada Tárrago Nesta fronte á sentenza ditada en suplicación por este tribunal. Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición preparatorio do recurso de queixa, nos termos do art. 223.3 LRXS, no prazo dos cinco días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción e da resolución con que incorrera a xuízo do recorrente e facéndolle saber ao recorrente que non teña recoñecida a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social que deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta de consignacións deste tribunal, aberta en Banesto, conta nº 1552, debendo indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «30 social-reposición».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto de comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de decembro de 2012

A secretaria xudicial