Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Venres, 1 de febreiro de 2013 Páx. 2961

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO de licitación da obra de mellora da rede de abastecemento no polígono empresarial de Vidreiro (expediente OA-01-2013).

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Pontedeume.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº expediente: OA-01-2013.

1.2. Obra financiada polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo ao abeiro das axudas para actuacións de reindustrialización (Orde EIT/818/2012, do 18 de abril).

2. Obxecto do contrato:

a) Descripción do obxecto: mellora da rede de abastecemento no polígono empresarial de Vidreiro, Pontedeume.

b) Lugar de execución: Concello de Pontedeume.

c) Prazo de execución (meses): tres.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de valoración.

4. Orzamento de licitación:

A: Valor estimado: 117.541,46 €; B: IVE (21 %): 24.683,71 €; importe total: A+B: 142.225,17 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Pontedeume.

Enderezo: rúa Real nº 13.

Localidade e código postal: 15600 Pontedeume.

Teléfono: 981 43 30 54.

Fax: 981 43 33 68.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

b) Hora límite: ata as 14.00 horas do derradeiro día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación urxente por procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de valoración, da obra de mellora da rede de abastecemento no polígono empresarial de Vidreiro, Pontedeume.

d) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Pontedeume. Rexistro Xeral.

2ª Enderezo: rúa Real nº 13.

3ª Localidade e código postal: 15600 Pontedeume.

9. Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

Os criterios para a adxudicación do contrato contidos na cláusula 15 do prego son os seguintes:

1. Oferta económica: valorarase de 0 a 70 puntos, consonte coa fórmula elaborada pola Facultade de Matemáticas para a Deputación Provincial da Coruña, publicada no BOP nº 84, do 4.5.2011, páxinas 51 a 56.

2. Redución do prazo de execución: valorarase de 0 a 30 puntos consonte coa fórmula contida na cláusula 15 do prego.

10. Apertura das ofertas:

a) Data: o quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: 12.00 horas.

11. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio e no perfil do contratante: www.pontedeume.es

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados na cláusula 24 do prego.

Pontedeume, 25 de xaneiro de 2013

Gabriel Torrente Piñeiro
Alcalde