Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 2974

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 13, do venres 18 de xaneiro de 2013, segundo o establecido no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cómpre realizar as seguintes correccións:

1. Na páxina 1488, no artigo 17, número 1, suprímeselle unha función á Subdirección Xeral de Política Lingüística: a correspondente á letra «d) Habilitacións de pagamentos, agás os relativos ao capítulo I».

Como consecuencia da referida supresión modifícanse correlativamente as letras que identifican o resto de funcións.

2. Na páxina 1491, no artigo 18, número 2.1., engádeselle a función de habilitacións de pagamentos, agás os relativos ao capítulo I, ao Servizo de Xestión e Promoción Lingüística, a continuación da letra c).

Como consecuencia da referida inclusión modifícase correlativamente a letra que identifica a derradeira función.

3. Na páxina 1515, no artigo 30, número 2, onde di: «...sen prexuízo da coordinación xeral que exerzan as persoas titulares das xefaturas territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, das cales dependerán organicamente,...», debe dicir: «...sen prexuízo da coordinación xeral que exerzan as persoas titulares das xefaturas territoriais, das cales dependerán organicamente,...».