Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3093

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo lles comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Sanea Control, S.L.

3. Data:

Os días 19, 20, 21, 26 e 27 de febreiro de 2013.

4. Lugar de realización:

Elis Manomatic. Polígono Industrial Acevedo, parcela U, 15185 Acevedo-Cerceda, A Coruña.

5. Número de prazas:

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo modelo anexo I.

9. Programa:

Día 19.2.2013

16.00-17.00 h

Introdución. Lexislación.

17.00-19.00 h

Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

19.00-20.15 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

Día 20.2.2013

16.00-17.15 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

17.15-20.15 h

Métodos de loita antivectorial.

Día 21.2.2013

16.00-17.15 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

17.15-18.45 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

18.45-20.15 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

Día 26.2.2013

16.00-17.15 h

Preparación de disolucións de produtos.

17.15-18.15 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

18.15-20.15 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

Día 27.2.2013

16.00-17.00 h

Técnicas de aplicación de praguicidas.

17.00-18.00 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

18.00-19.00 h

Resolución de exercicios prácticos.

19.00-20.00 h

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente, co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2013

P.S. (Acordo do 11 de xaneiro de 2013)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: os días 19, 20, 21, 26 e 27 de febreiro de 2013.

Lugar de realización do curso:

Elis Manomatic. Polígono Industrial Acevedo, parcela U, 15185 Acevedo-Cerceda, A Coruña.

Duración: 20 horas teórico-prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: os días 19, 20, 21 e 26 de febreiro das 16.00 ás 20.15 horas e o 27 de febreiro das 16.00 ás 20.00 horas.

Número de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase, como data límite o 11 de febreiro de 2013, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Tel.: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, e-mail: saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Nome:

Apelidos:

Cargo/actividade desempeñada:

Empresa:

Sector actividade:

Enderezo:

C.P.:

Localidade:

Provincia:

Teléfono:

Fax:

E-mail: