Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 22 de xaneiro de 2013 pola que se notifica resolución de procedemento administrativo sancionador do expediente 12-19-12-65.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado por OM do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado por Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG número 190 do 1 de outubro. O prazo para a interposición do dito recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación.

Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novagalicia Banco), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2013

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente.

Matrícula.

Denunciante.

Denunciado.

Último domicilio coñecido.

Feito denunciado.

Data- hora- porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-19-12-65

2556-BYD

Policía local de Malpica de Bergantiños

Arrate Anguita Gorostizu

r/ Alberto Gómez Arroyo, 25- 2A

34190 Villamuriel de Cerrato (Palencia)

Estacionamento prohibido.

25.8.2012; 19.40 horas

Malpica (A Coruña)

Artigo 306.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2011, TRLPEMM

Artigos 17 e 64

da OM do 12.6.1976

Artigo 312 do Real decreto lexislativo 2/2011, TRLPEMM

90,15 €