Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2013/8-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204. 36207 Vigo.

Denominación: LMTS e CS polígono 44, parcela 1028.

Situación: Mos.

Descricións técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 6 metros de lonxitude, con orixe e final no empalme proxectado na LMTS ATI732, entre os CC.TT. 36CVB6 e 36CVB7, unha vez que entre e saia do CS proxectado. Centro de seccionamento, con celas compactas con corte en SF6, situado no polígono 44, parcela 1.028 (na zona do campo de fútbol das Baloutas), Mos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 17 de xaneiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra