Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Ardora Formación y Servicios, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do rexistro de cooperativas, faise público que a Xefatura Territorial de Vigo resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Ardora Formación y Servicios, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o 15 de outubro de 2012, neste rexistro provincial de cooperativas. Consta como novo domicilio social a rúa Largo Praia Madorra, nº 5, baixo, do concello de Nigrán.

Vigo, 15 de xaneiro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo