Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3989

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO de información pública para acondicionamento de local para clínica veterinaria na parroquia de Barrantes.

Arousa Veterinaria, S.L. solicitoulle a esta alcaldía licenza municipal para o acondicionamento de local para clínica veterinaria na planta baixa dun edificio sito na avda. de Bouza Martín, parroquia de Barrantes e concello de Ribadumia.

Este proxecto de acondicionamento de local para clínica veterinaria encaixa no disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, e sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola obra e pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o proxecto, na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Este prazo de vinte (20) días comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se publique o presente edicto no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, e colocarase no taboleiro de edictos do concello.

Ribadumia, 14 de xaneiro de 2013

Mª Salomé Peña Muñiz
Alcaldesa presidenta