Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de xaneiro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012271TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 11 de decembro de 2012, o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador nº 2012271TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Gonzalo Alfonso Estévez Insua, titular do establecemento Restaurante El Puerto.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Gonzalo Alfonso Estévez Insua, titular do establecemento Restaurante El Puerto, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001, ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2013

P.S. (Acordo do 11.1.2013)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº expediente: 2012271TA-CO.

Denunciado: Gonzalo Alfonso Estévez Insua, titular do establecemento Restaurante El Puerto.

DNI/CIF: 76361056K.

Último enderezo coñecido: Paseo do Porto, s/n, Fisterra.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Precepto/s infrinxido/s: artigo 42.e) da Lei 8/2008; artigos 4.d), 19.3.n) e 20.1 da Lei 28/2005.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 650 €.