Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4003

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 21/2013, do 31 de xaneiro, polo que se aproba o cambio de titularidade dun treito da estrada autonómica OU-193, denominada OU-801 Valongo-Trado-OU-801, desde o punto quilométrico 4+660 ata o punto quilométrico 7+860, a prol do Concello de Pontedeva.

A teor do previsto no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades locais deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

O Pleno do Concello de Pontedeva solicitoulle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o cambio de titularidade dun treito da estrada autonómica OU-193, denominada OU-801 Valongo-Trado-OU-801.

Ao abeiro das previsións legais, a Subdirección Xeral de Planificación e Programación, dependente da Dirección Xeral de Infraestruturas, emitiu informe favorable ao cambio de titularidade dun treito da estrada OU-193, denominada OU-801 Valongo-Trado-OU-801, desde o p.q. 4+660, límite do termo municipal, ata o p.q. 7+860, final da estrada OU-193.

Polo exposto, consonte o previsto na Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, tras o acordo entre as administracións afectadas, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de xaneiro de dous mil trece,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade a prol do Concello de Pontevedrado treito da estrada OU-193, denominada OU-801 Valongo-Trado-OU-801, desde o p.q. 4+660, límite do termo municipal, ata o p.q. 7+860, final da estrada OU-193.

Artigo 2

En aplicación do artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, as entidades locais, no marco das súas competencias e de acordo cos correspondentes plans de estradas, aprobarán a relación de estradas da súa titularidade. De acordo co exposto, o Concello de Pontedeva deberá incorporar ao seu plan de estradas a vía a que se refire este decreto.

Artigo 3

A entrega da vía formalizarase, no prazo dos dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Correspóndenlle ao Concello de Pontedeva, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puider corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta e un de xaneiro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas