Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Luns, 11 de febreiro de 2013 Páx. 4064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2012/318-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: rúa Virgen de la Luz, nº 3, baixo. 36860 Ponteareas.

Denominación: centro de manobra de Lira.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: centro de manobra (CM) intercalado na LMT derivación a Puzo Fábrica, con dúas celas de liña, unha cela de medida e unha cela interruptor automático. Realízase a entrada e a saída ao CM proxectado da LMT derivación a Puzo Fábrica en subterráneo mediante 25 metros entrada e 25 de saída con condutor RHZ1. Tamén se realiza saída cara a eléctrica de Cantoña, S.L.-Lira mediante interruptor automático na cela LS1. A instalación está situada en Puzo, San Mateo, Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de xaneiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra