Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de reestruturación da concesión V-2524; XG-251, Instituto da Estrada-A Estrada-Forcarei, de Autocares Troitiño, S.L.
Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, despois do exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Pontevedra (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Pontevedra, 27 de novembro de 2012
José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

