Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Martes, 12 de febreiro de 2013 Páx. 4151

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 24 de xaneiro de 2013 pola que se declara deserto un posto de traballo vacante no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, pola Orde do 25 de xuño de 2012.

Mediante a Orde do 25 de xuño de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 142, do 26 de xullo de 2012, anunciouse a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, entre outros, da xefatura do Servizo de Intervención de Mercados da Subdirección Xeral de Xestión da PAC do Fogga.

Na dita convocatoria, na súa base quinta, establecíase que, de resultar seleccionado para ocupar o posto de traballo persoal funcionario con destino definitivo noutra Administración Pública, se no prazo de dous meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia do nomeamento, este non se puider incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Mediante a Orde do 20 de agosto de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 174, do 12 de setembro de 2012, resolveuse a convocatoria pública, adxudicándolle destino no posto de traballo indicado a Ana Lozano del Río, funcionaria do corpo técnico de Facenda, con destino na Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Transcorrido o prazo para a incorporación á Comunidade Autónoma sen que esta se teña producido, procede a declaración de deserto do posto convocado.

De conformidade co establecido na base quinta da Orde do 25 de xuño de 2012 (DOG número 142, do 26 de xullo),

RESOLVO:

Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, consonte o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Intervención de Mercados.

Código: MR.O13.00.000.15770.037.

Nivel: 28.

Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión da PAC.

Localidade: Santiago de Compostela.